viernes, 3 de mayo de 2013

VISITA AOS MUSEOS DA CORUÑA

Visitamos o museo do Domus, que é o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano.

O Aquarium Finisterrae encóntrase xunto ao histórico faro da Torre de Hércules. Destaca a sala Nautilius Decorada ao estilo do Gabinete do Capitán Nemo no Submarino Nautilus, é unha sala de observación inmersa nunha gran piscina de 4,4 millóns de litros, onde nadan os maiores peixes do Atlántico. Entre eles destaca Gastón, unha Quenlla  Touro macho.

 A Casa das Ciencias foi o primeiro museo interactivo público de España. Está no palacete do Parque de Santa Margarita, ten un planetario e tres plantas de exposicións: experimentos físicos, exposición temporal e actualidade científica. Na planta baixa hai unha incubadora de poliños,e no oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault .



No hay comentarios:

Publicar un comentario