martes, 15 de noviembre de 2011

2.011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Co gallo do nomeamento de 2.011 como Ano Internacional dos Bosques, os alumnos/as asistiron á unha videoconferencia sobre dito tema e a continuación realizaron un debuxo, onde explicaron as utilidades do bosque.

CONTOS DE MAZÁS

Co motivo da celebración da Festa da Froita, os nenos fixeron uns contos na que a froita protagonista é a mazá.

martes, 8 de noviembre de 2011

O SAMAÍN

Un ano máis celebramos o SAMAÍN, os nenos de 2º ciclo trouxeron unha cabaza, da pranta que cada neno levou na primavera para plantar na súa horta.Agora sacámoslle as pebidas, que puxemos a secar. Coa súa polpa fixemos unha torta.
Presentación SAMAÍN

sábado, 5 de noviembre de 2011

CURSO 2011-2012

Benvidos a cuarto. Un ano máis comezamos o noso traballo con ilusión, disfrutando e aprendendo moitas cousas novas.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

VISITA A "AULA RECICLATERRA"

Viaxamos a Mougá (Ferrol) para visitar a "Aula de Reciclaterra",úbicada no antiguo vertedoiro de lixo e que agora está trasformada nunha nova paisaxe. Na "Aula de reciclaterra" amosáronnos a distintas técnicas da reciclaxe do papel, do vidro, de pilas,de fibras téxtiles, de aceites usados....
Dende o alto do miradoiro comtemplamos e observamos a paisaxe do entorno.

DA SEMENTE Á PRANTA

Coas sementes que recolllemos no mes de outono e despois de gardalas no papel dun xornal fixemos nesta primavera a sementeira. En pequenas macetas recheas de terra, enterramos as sementes e naceron unhas novas prantas de cabaza, que cada un de nós levamos para a casa, para trasplantar na horta. Así cando chegue o mes de outono poderemos facer unha nova receita de respostería.

Da semente a pranta on PhotoPeach




O ENTROIDO

Chegou o entroido. Este ano imos de persoaxes do medievo. O segundo ciclo eliximos ir de DAMAS e CABALEIROS CRUZADOS . Sin pensalo moito puxémonos a confeccionar os traxes, os cascos, os toucados... Pasámolo moi ben.Aqui tedes unha mostra.

SAÍDA POLA COMARCA DO EUME

O día 21 de outubro realizamos unha saída pola zona do Eume. Saímos do colexio as 9:30 horas cara a Capela para visitar o Museo etnográfico. Logo fixemos un roteiro polo Parque Natural das Fragas do Eume. As 13:30 horas xantamos no entorno do museo etnográfico. As 3:00 horas saímos para o Castelo de Moeche e voltamos ao atardecer. Foi unha excursión moi interesante.

A TORTA DE CABAZA

Este outono os nenos de 3º e 4º vaciamos unha cabaza, sacámoslle as sementes e puxémolas a secar en follas de xornais. Coa súa polpa fixemos unha tarta que estaba boiiisima.




BENVIDOS/AS O BLOG "A NOSA CLASE FANTÁSTICA"

Os nenos/as de terceiro curso de primaria, empezamos unha nova andaina polo mundo virtual. Esperamos que vos guste o noso traballo.