miércoles, 21 de abril de 2010

A granxa dos Andrade

Un grupo de nenos/as de cuarto curso escribimos a nosa obra de teatro, que logo representaremos o día das letras Galegas, si temos tempo para preparala.

martes, 13 de abril de 2010

A SEMENTEIRA

Os nenos/as de 2º ciclo botamos en macetas as sementes de calabaza que recollimos , cando as vaciamos polo Samaín, para facer coa súa polpa unha tarta. As sementes secámolas e gardámolas en follas de xornais.
Agora chegou a hora de sementalas, para cando xerminen e nazan as novas plantas, levaranas ás súas casas para plantalas nas hortas.